Núria Albó (gal)

Realidade humana

E pensamos cara ao serán, na estraña
realidade humana.
As montañas énchense de brétema dourada
e nós estamos no bosque de sempre.
Estou soa no bosque. Teño unha mosca negra
enriba da perna esquerda. Sei que me podería erguer
e obrigala a fuxir. Depende dun aceno.
Sei que non son nin árbore nin pedra,
nin o tenro paxariño que chía.
E non quero ser a xente: A muller que calceta
nin o asisado doutor que pontifica
nin aqueles que tragan todo
ou que tanto lles da.
Foime traballoso de máis saír da praza
Para me volver meter nela, dócil coma un año.
Quero que onda min non haxa ninguén máis
que o que fixen eu non o fixese outro.
As árbores que me escoitan, dánme a razón.
Érgome afagada. As moscas fuxiron.
Volvo cara á casa e levo canda min a luz
que só vin eu.

(Díptic, 1972)

Traducido do catalán por Lluïsa Soaz