Fito Rodríguez (gal)

Palabras e escritos de Irazu de Asteasu

Non ten sido habitual entre nós atopar nunha pequena aldea dous mozos que estudaran filosofía. Estes dous que achamos en Asteasu, non obstante, teñen a lingua como oficio. Un deles, coñecido co pseudónimo de Bernardo Atxaga, afamouse como escritor fóra de Asteasu. Esoutro, o bertsolari Irazu, é coñecido entre nolos vascos polo seu apelido.
No ambente cultural de hoxe, onde a causa da modernidade a escrita sobresae á palabra, a práctica do bertsolari considérase continuadora da tradición, unha expresión repetitiva vencellada ao contexto, un pensamento concreto e tan homoxéneo como pechado; mentras que a actividade do escritor, pola contra, salienta polo seu carácter de vangarda, universalidade e anovación, ou pensamento abstracto, heteroxéneo ou mesmo aberto(1).
De todos os xeitos, o escritor Irazu expresa o seu vencello a Asteasu, e ao mesmo tempo, o bertsolari Irazu preocúpase pola situación da universidade. Ante contradicións como estas, e outras que mencionarei máis adiante, temos que preguntarmos o seguinte: débese estudar de maneira tan esquemática a herdanza cultural e a disidencia? Velaquí a sentenza latina:
«scripta manent, verba volant»
– O significado muda segundo o contexto.
– Aínda que hoxe se use para subliñar o valor da escrita.
– Daquela empregouse en pro da oralidade.
De todas maneiras, aínda que dende o punto de vista actual a mensaxe deste proverbio úsase para desprezar o valor da oralidade, cando se creou entre os latinos, divulgouse para louvar a produción oral ante a escrita, logo que daquela como hoxe as palabras tiñan a capacidade de se espallar polo mundo sen control ningún(2).
O bertsolari Irazu está preocupado pola situación da universidade. É bertsolari e ilustrado na mesma medida. Aínda que a súa práctica é completamente tradicional, áchanse nela ora a herdanza ora a disidencia. As súas palabras espállanse aos catro ventos.
A escritura, como sinónimo da ilustración, nunha tendencia contraria á tradición:
– Téndese a entender a escritura como un instrumento de renovación cultural: útil para a disidencia e o progreso.
– A oralidade, pola contra, tense como o refuxio da tradición herdada.
Este típico esquema empregado nas Ciencias Humanas, con todo, púxose en dúbida tanto por M. Bajtín como polos seus seguidores, ao estudaren a disidencia nas expresións populares do entroido da Idade Media(3). M. Foucalt, J. Derrida e G. Deleuze tamén desmentiron ese falso esquematismo, aínda que fora por outros camiños(4).
Aitzol, Kixkitza e a corrente cultural do nacionalismo histórico, movéronse á beira de M. Lekuona cobrendo «as expresións disidentes» dos bertsolaris e levando o bersolarismo cara unha nova «tradición».
A principios do século XX reivindícase «o valor da literatura oral» nas letras vascas(5):
– E xunto a iso, o exemplo máis claro é que comezaron a se remozar as expresións dos bertsolaris ou do bertsolarismo.
– Amolecendo a disidencia de seu...
– «Enorgullecendo» a lingua, os xestos, as formas, os escenarios, etc.
Por dar un exemplo, non convidaron ao bertsolari republicano José Mari Lopetegi aos primeiros «Bertsolari Eguna» (1935 e 1936) organizados pola Asociación «Euskaltzaleak», aínda que fora socio(6).
Os concursos creados con motivo disto e os bersolaris dos festivales son «cultos» en lugar de «salvaxes».
– Non se moven como descoidados [cada vez son máis hieráticos].
– Actúan en teatros e escenarios dignos [en vez de estar a medio escondidas].
– Non se compite de un a un senón que xulga un xuíz de fóra
– «Coidan» a lingua.
O nomeado Joxe Mari Lopetegi, por exemplo, foi golpeado cando estaba a cantar, e os bertsoz que pasaron ao rexistro da escrita foron censurados, aínda que a censura daquela, dende logo, aplicouse tanto aos bertsolaris como aos escritores(7).
En opinión do escritor os bertsolaris son «ortodoxos» de máis. Dicen que crean a súa produción pola repetición da repetición. Mesmo a Ilustración histórica soe usar este lema para ler a tradición.
O bertsolarismo recibido e censurado.
Será censurado perdendo a disidencia.
– Non ás obscenidades.
– «Control» en temas políticos.
– Algúns bertsolaris «desaparecerán».
De todas maneiras, entre os que hoxe teñen como oficio a palabra, ora bertsolari ora escritor, non se pode facer unha grande diferenza(8), xa que como afirmou P. Zumthor,9 hai tempo que estamos a vivir na época da «oralidade de intercesión». Nesta non hai que pousar a contradición entre palabra=tradición e escritura=anovación, senón na repetición e diferenza que se pode atopar nas expresións.
Non hai dúbida de que hoxe tamén continúa a haber censura.
A Euskal Telebista anulou a emisión dun programa, ao se escribir na parede en contra da Ertzaintza, nunha posíbel situación de elaboración dun performance, e a decisión desta institución evidenciou a posición pechada desta ante a disidencia.
Os bertsolaris de hoxe teñen que actuar usando as expresións da tecnoloxía.
– Na época da oralidade de intercesión os escritores deben de utilizar as novas posibilidades dos medios dos modos de representación
– Ao actualizar a tradición preténdese crear disidencia coa repetición
Sendo artista ou bertsolari, soamente por comezar a escribir non se converte alguén en escritor, pero isto, escritor=? bertsolari, é soamente unha suposta contradición. A pregunta ha de ser outra: para ser creativo como se ten que entender a relación entre a tradición e a disidencia?
Como mostran as palabras e os escritos dos Irazus hai dous Irazus baixo o mesmo nome. A mesma denominación garda varios significados nela. Irazu/Atxaga aprendeu moitos bertsos antes de comezar a escribir, e o bertsolari Irazu, entre outras cousas, tense que dedicar ao xornalismo para gañar a vida. Sen dúbida, ambos os dous son creadores.
Supostamente a permanencia da escrita non vale máis que as palabras do orador. De feito, a suposta estabilidade entre ambos os dous medios de expresións é unha invención.
Como Pierre Klossowski demostrou, tanto as palabras como os escritos son transformábeis.
Xa que non hai repetición sen anovación.
Se non houbera disidencia dentro da tradición, crear representacións sería imposíbel.
En fin, sen a actividade de representación, sentir, pensar e expresar sería unha mera quimera(10).

Traducido do vasco por Iratxe Retolaza Gutiérrez

-----------------------------------------------------------------
1. Ellakuriaga, I.:«Bertsolaritza, pentsamendu heterogeneoaren hedabide» [bertsolarismo, medio de divulgación do pensamento heteroxéneo], in Bertsolari, outubro de 1995. ps. 54-55.
2. Rodríguez, F.: «El rumor y el efecto Pigmalión» in Crítica del lenguaje ordinario. Libertarias, 1993, ps. 475-486.
3. BB.AA.: En torno a la cultura popular de la risa, Anthropos, 2000.
4. Foucault, M.: Les mots et les choses. Gallimard, 1990.; Derrida, J.: L’Écriture et la Différence. Seuil, 1979; Deleuze, G.: Différence et Répétition, Puf, 1997.
5. Enríquez, J.C.: «Bertsolari alderraiaren asmakuntza» [A invención do bertsolari errante] in Inprobisazioa munduan. Kulturarteko Topaketak 2003 [A improvisación no mundo. Encontros Interculturais 2003] Bertsolari, 2004, ps. 252-263.
6. Elosegi, J.: Joxe Mari Lopetegi. Errepublikanoen bertsolaria.[Joxe Mari Lopetegi. O bertsolari dos republicanos]. Gaztelupeko Hotsak, 2004.
7. Ibidem, ps. 106-108; Torrealdai, J.M.: La censura de Franco y los escritores vascos del 98. Ttarttalo, 1998.
8. BB.AA.: Hizkuntzalari eta Idazle [Lingüista e escritor]. Bertsolari 51. Outono 2003. Os bertsolaris de hoxe non só son escritores senón tamén son artistas (M. Lujanbio, U. Iturriaga), guionistas (A. Egaña, M. Lujanbio), cantantes (I. Maia, I. Elortza), etc.
9. Zumthor, P.: Ahotsaren iraunkortasuna [A permanencia da voz] in Unesco Albistarian 9, p. 5.
10 Rodríguez, F..:«Zer da performance-a?» [Que é o performance?], in Inprobisazioa munduan. Kulturarteko Topaketak 2003 [A improvisación no mundo. Encontros interculturais 2003]. Bertsolari, ps. 317-322.