Bartomeu Fiol (gal)

DE CAMP RODÓ, XXIII
A Salvador Espriu

Aínda que somos medrosos e pouca cousa,
posto que nos sabemos moi susceptíbeis
e estrañamente somos incapaces
de nos corrixir como sería preciso,
non ten que nos dar medo
chegar ao silencio,
nada de medo
ficar en silencio,
decentes como pedra ou animal.
Salvaxe e a un tempo aprisionada, a palabra
é moito máis perigosa.
Como unha rapaza encantadora
fainos dobrar a esquina, perder o fío.
Non debemos pretender dictar a verdade,
dar leccións, ler a boaventura,
as estadísticas recitar, ben informados,
ou, como quen triunfou por anticipado,
dictaminar a terapéutica, punto por punto.
Do púlpito baixamos para sempre.
Do facistol facemos rachas.
Xa desmontamos os altofalantes, abrouxadores.
Dado o caso, empregaremos a linguaxe das
mans.
Non, non ten que nos dar medo
entrar no silencio.
O seu casar ten máis estancias
que a nosa fala esguedellada.